No ano 2003 nacía Fotógrafos Contra a Guerra como reacción fronte á invasión de Iraq, que terminou por se converter nunha catástrofe para o pobo iraquí cuxas consecuencias continúan azoutando arestora a millóns de vítimas inocentes.
Naquela altura, centos de persoas enviaron as súas fotos, sumando capacidade profesional, informativa e creativa cunha mensaxe clara e contundente «NON á guerra».
Hoxe, ante a terrible situación das persoas que viven acotío baixo a ameaza das bombas, as que buscan refuxio, as que morren afogadas no Mediterráneo, volvemos dicir: NON á súa guerra e NON no noso nome.
Por iso poñemos en marcha esta nova iniciativa.
Fotos Contra a Guerra está conformada por imaxes enviadas por diferentes persoas, de diferentes lugares, como expresión do seu rexeitamento á guerra e de solidariedade coas victimas.